A Morte da Freixa (extracto dun sentimento)
"Hoxe fai un día triste, chove todo o día sen parar, semella un dos invernos de antes, cando chovía semanas enteiras de continuo, porque agora hai anos nos que chove moi pouco na invernía. O único que me alegra un pouco cando chove é ollar a freixa, que colle vida. Estou ollando a fervenza de auga, que baixa branca coma se fora neve, facendo un ruído que adormenta, coma cando era pequena, que durmía nun xergón de follato, e antes de me deitar miraba pola fiestra, para escoitar o ruído, e daquela xa quedaba durmida toda a noite. A freixa e mais os muíños que moían con aquela auga morreron cando colleron a auga para Forcarei, para consumo das casas e demais. Eran cinco muíños, dos cales só un está agora arranxado, mais sen auga non pode moer. Estes moían por días, pero ó faltar a auga tivemos que cambiar polos da casa. O noso moe as espigas sen ter que mallalas, pero a fariña xa non é coma a dos outros muíños. Para cocer o pan, collíase só da que estaba pegadiña á moa, que era a mellor, senón o pan saía áspero. Iso era antes, porque agora xa nin se coce senón que sexa por un antollo.
Tamén a freixa ofrecía outras vantaxes. Cando viñan os viaxeiros subían á cima para ver como caía a auga con forza e tan branquiña. Entón tiñamos carreiros para subir ós muíños e para levar as vacas ó monte, que agora está cheo de maleza. Tamén tiña, alí no medio, onde fai un chan, un pozo para nos bañar os rapaces e quen quixer. É grande, limpabámolo todos os anos, e na parte de riba tiña unha pena grande dende a que nos tirábamos para o pozo ben adiante, porque onde está a pena cubríanos a auga e, como non sabiamos nadar, tiñamos medo a afogar. Logo, un pouco máis arriba, outra pena, que fai un vadén no medio, onde caía a auga nun chorro, era a nosa ducha. Nos tempos da miña nenez pasabámolo moi ben, sempre cantando. Máis abaixo, nas mesmas penas, había unhas charcas, e alí metíase o liño… ¡Meu Deus, que traballo tapalo con pedras para que non quedara nada fóra da auga! Agora está moi de moda para facer colchas, manteis, etc. ¡Canto traballo daba sementalo, regalo, estonalo, arrincalo, ripalo, poñelo en feixiños e telo no río oito días, mellor na auga da freixa, porque era máis quente e dicían que lle facía ben ó liño, logo poñelo a clarexar no prado outros oito días..."
Buscando información sobre esta fervenza me encontré en este enlace, http://www.forcarei.com.es/Arquivos/cotaredo/cot2010w.pdf (pag 98) este relato firmado por Pura Dapena que, por su fecha de nacimiento (año 35) es (y espero que siga siendo) una de las abuelas de Galicia. Me gustó leer su relato, y poder "ver" a través de el como nuestros padres para unos, o abuelos para otros, vivían en aquella época; como trabajaban, como disfrutaban y en este caso especialmente, como lo hacían entorno a este bello paraje natural, la Freixa de Chamosa. Me llamó también la atención, aunque tampoco me sorprendió en demasía, como ella se iba dando cuenta de que ya no llovía como antes, para muestra la sequía que estamos padeciendo estos días. Este post como no podía ser de otra manera, va dedicado un poco a ella, a nuestros padres y abuelos...
Parte de esta caída se puede apreciar en dos fotos que me cedieron amablemente mis amigos de www.naturgalicia.com con quién hice esta “escalada”... En fin, una bonita "aventura" que preparando este post, ya me ha dado ganas de volver cuando a Freixa esté bien repleta de agua. Para llegar a este lugar hay que ir al lugar que le da nombre, Chamosa, parroquia de Sorribas (Forcarei) y desde ahí cogemos un camino empedrado que nos acerca a la parte baja de la fervenza (800mt).
El esfuerzo ha valido la pena...felicidades!
ResponderEliminarGracias Estrella... ya lo haremos en una quedada.
ResponderEliminar